miércoles, 17 de diciembre de 2014

Actividade deporte inclusivo colexio a Solaina xoves 18/12‏

Dentro do III programa deporte inclusivo da Mancomunidade, e financiado pola Deputación da Coruña, hoxe tivo lugar unha xornada de deporte inclusivo no colexio da Solaina.
Este III programa de deporte consta de varias escolas de deporte adaptado, neste ano foron as seguintes:
basket en cadeira
tenis en cadeira
boccia
slalom boccia
baile adaptado

Nesta actividade no colexio fixose unha demostración de cada unha das escolas, e a continuación os alumnos pobraron a xogar eles cos alumnos eivados das escolas.

A actividade desenvolveuse de 12:00 a 14:00 no colexio A Solaina con alumnos de 5º e 6º de primaria (uns 125 alumnos)

Estructura da actividade
A programa da actividade foi a seguinte:

12:00-12:15 Introdución
12:15-12:40 Boccia
12:45-13:00 Baile
13:00-14:00 Basket/tenis en cadeira de rodas (en distintas zonas de forma paralela)



a Mancomunidade agradece a colaboración do colexio e dos clubs implicados no evento ADM FERROL, BASKETMI FERROL, VIDA ACTIVA e ASCM

O transporte de alumnos con eivas e material correu a cargo tamén do programa de Servicios Sociais da Deputación que financia estas actividades con transporte adaptado.