martes, 16 de octubre de 2012

Galicia subcampiona por Comunidades, Cáceres 12


A selección galega de tenis en cadeira de rodas, conseguiu o subcampeonato este fin de semana en Cáceres, na edición número XII de este evento. Galicia gañou o ano anterior en Santander, pero este ano perdeu na final ante Madrid. A competición tivo lugar nas pistas da Cidade Deportiva de Cáceres.
Os nosos representantes foron Alvaro Illobre e Juan Gutierrez, dada a ausencia final de Martin Varela, o número un galego.
Este ano, só participaron 5 comunidades Autónomas, Galicia, Madrid, Aragón, Extremadura e Castela-León.
Galicia partía de nº2 do cadro, e no sorteo tocoulle en sorte xogar ante os anfitrións Extremadura, que gañaron o seu  partido previo ante Castela-León.
Juan Gutierrez gañou en dous sets a Juan Rodriguez, mentres Alvaro Illobre endosou un doble 6-0 o xogador extremeñ Jose M González.
Xogaron o dobles como adestramento para a final, onde tamén gañaron por 6-2 6-1
O título de campión tivo que decidiuse no partido de dobles, no que os galegos perdían ante a parella madrileña por 6-1 y 6-2, onde a choiva aparecida neste encontro o estropeu pois coa cadeira no se xoga nada bem, patinan os aros e é case imposible moverse, pero non existindo opción de pista cuberta houbo que xogalo de igual forma, así a balanza foi para os madrileños.
Nos individuais Rubén Pérez comezou gañando o seu encontró impoñendose a  Juan Gutiérrez por 6-1 e 6-3, mentras que Álvaro Illobre establecía a igualdade derrotando a Roberto Chamizo por un igualado 4-6, 6-3 e 6-4.

Galicia intentará recuperar o trofeo de campión o ano que ven, posiblemente en xogandose esta competición na casa.