A
selección galega de tenis en cadeira de rodas, conseguiu o subcampeonato este
fin de semana en Cáceres, na edición número XII de este evento. Galicia gañou o
ano anterior en Santander, pero este ano perdeu na final ante Madrid. A
competición tivo lugar nas pistas da Cidade Deportiva de Cáceres.
Os
nosos representantes foron Alvaro Illobre e Juan Gutierrez, dada a ausencia
final de Martin Varela, o número un galego.
Este
ano, só participaron 5 comunidades Autónomas, Galicia, Madrid, Aragón,
Extremadura e Castela-León.
Galicia
partía de nº2 do cadro, e no sorteo tocoulle en sorte xogar ante os anfitrións
Extremadura, que gañaron o seu partido
previo ante Castela-León.
Juan
Gutierrez gañou en dous sets a Juan Rodriguez, mentres Alvaro Illobre endosou
un doble 6-0 o xogador extremeñ Jose M González.
Xogaron
o dobles como adestramento para a final, onde tamén gañaron por 6-2 6-1
O
título de campión tivo que decidiuse no partido de dobles, no que os galegos
perdían ante a parella madrileña por 6-1 y 6-2, onde a choiva
aparecida neste encontro o estropeu pois coa cadeira no se xoga nada bem,
patinan os aros e é case imposible moverse, pero non existindo opción de pista
cuberta houbo que xogalo de igual forma, así a balanza foi para os madrileños.
Nos individuais Rubén Pérez comezou gañando o seu encontró impoñendose
a Juan Gutiérrez por 6-1 e 6-3, mentras
que Álvaro Illobre establecía a igualdade derrotando a Roberto Chamizo por un
igualado 4-6, 6-3 e 6-4.
Galicia intentará recuperar o trofeo de campión o ano que ven,
posiblemente en xogandose esta competición na casa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario