martes, 20 de septiembre de 2011

XXIV Copa galega de baloncesto en cadeira, sept-11

NOTA DE PRENSA

Data: 23/9/11

O EQUIPO BASKETMI LOITARA POLO TITULO DA XXIV COPA XUNTA DE GALICIA DE BALONCESTO EN CADEIRA DE RODAS

Este sábado día 24 de setembro, as 17:30 horas terá lugar no pavillón do Ensanche a celebración da XXIV Copa Xunta de Galicia. O noso equipo Abeconsa Basketmi loitara contra o Amfiv de Vigo por este título. Será o primeiro título oficial da temporada, e o primeiro encontró.

O Amfiv seguirá este ano xogando na División de Honra A, e o Basketmi na División de Honra B, e o primeiro partido de pretemporada, e asi o plantexan ambas escuadras, pois non tiveron aínda moitos días para preparar ben o encontró e adestrarse.

Esperase un partido reñido, onde faltarán aínda as caras novas dos vigueses (sobre todo para o xogo interior), e o basketmi conta con algunha baixa de última hora. O Amfiv só conta con 8 xogadores para este encontro pero o compensa co nivel dos xogadores que veñen, pois conta nas súas filas con varios internacionais. O que se estrena é o xogador vasco Txema Avendaño que este ano fichou polo equipo vigués.

O Basketmi sigue esta temporada co mesmo adestrador Jose Val, que sigue a demostrar unha gran labor no banquillo ferronalo. O conxunto vigués presenta aquí caras novas Julio Bernárdez, Óscar Carbajo e Sergio González, un corpo técnico novo pero con moita ilusión.

A entrada ó encontró será gratuita e invitamos a todo o mundo a presenciar un encontro cos mellores xogadores galegos e internacionais.

Para mayor información poden chamar o adestrador Jose Val: 687-470657

O Alvaro Illobre, 610709151

No hay comentarios:

Publicar un comentario